O BNG traslada ao presidente da RASD o apoio galego á causa saharaui

O presidente da República Árabe Saharaui Democrática reuniuse no Congreso con varios grupos parlamentares, entre eles o soberanismo galego, vasco e catalán.

sahara rosana bng erc amaiur

O presidente da República Árabe Saharaui Democrática (RASD) e secretario xeral do Frente Polisario, Mohamed Abdel Aziz, mantivo esta qsexta feira unha xuntanza con diferentes representantes de organizacións políticas, un encontro no que o BNG estivo representado pola deputada Rosana Pérez. O encontro foi organizado polo Intergrupo Parlamentar Saharaui do que forma parte o BNG.

Abdel Aziz participa na 39 Conferencia Europea de Apoio e Solidariedade ao Pobo Saharaui que se desenvolve esta fin de semana en Madrid, e no que toman parte representantes do BNG como é a deputada no Parlamento galego, Montse Prado.

O nacionalismo galego incide en que, “desde sempre”, se situou ao lado da causa saharaui apoiando o dereito iá autodeterminación e á independencia, pedindo o fin das sistemáticas violacións dos dereitos humanos que Marrocos practica nos territorios ocupados do Sáhara Occidenta. O BNG comparte a exixencia de cese imediato da represión que sofre o pobo saharaui, a liberación dos presos políticos saharauis e a necesidade de que se recoñezan los lexítimos dereitos políticos e xurídicos do pobo saharaui, recoñecidos polas resolucións da ONU.

Comentarios