Discurso investidura

O BNG sinala que o discurso de Pedro Sánchez quedou "a medio camiño" nas políticas transformadoras

O deputado nacionalista Néstor Rego reclama o "recoñecemento" do carácter "plurinacional" do Estado por parte dos socialistas 
O deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego (Europa Press)
photo_camera O deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego (Europa Press)

O Bloque Nacionalista Galego considera que o discurso do candidato socialista á presidencia do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, é "continuista" e fica "a medio camiño" nas políticas realmente transformadoras. 

"A xuízo do BNG o discurso desvenda un programa con chave social con algún asunto de interese mais en moitos aspectos fica inconcreto, vago e a medio camiño das políticas transformadoras que son necesarias", afirma o deputado nacionalista Néstor Rego. 

Entre os aspectos nos que discrepa o BNG está a aposta por "manter o modelo unitario do Estado sobre o marco constitucional e autonómico, frente o necesario recoñecemento do seu caracter plurinacional, como o é Galiza", pois Rego considera que Sánchez fixo un "eufemismo de cohesión territorial" que só pasa por perpetuar esa unidade.

Rego salientou que este modelo estatal é "caduco" e "inválido par dar satisfacción ás aspiracións das nacións e solucións aos problemas da Galiza". 

O deputado salienta que o BNG "espera" que o candidato do grupo socialista cumpra "estrita e dilixentemente o compromiso" que ten establecido coa súa formación en relación á axenda galega "para dar solución aos graves problemas sociais e económicos que temos formulado no país, co obxectivo de mellorar a calidade de vida de todas as galegas e galegos".

Comentarios