O BNG reitera a petición aos Gobernos estatal e galego dun confinamento de 2 semanas

Para frear a cadea de contaxios ante “o descontrol da pandemia”

 

Ana Pontón durante unha comparecencia.
photo_camera Ana Pontón durante unha comparecencia.

Ana Pontón volveu pedir un confinamento de dúas semanas como medida contundente para “frear a cadea de contaxios e salvar vidas”, e insta o Goberno estatal e a Xunta a que activen unha medida "dura" mais “que se ten demostrado eficaz contra o virus”.

A portavoz nacional do BNG considera que “Goberno central e Goberno galego deben poñer en marcha a única medida que sabemos que é eficaz para frear a cadea de contaxios como é o confinamento, que desde o BNG propoñemos sexa de quince días,  que permita baixar unhas cifras que mostran o descontrol do virus", demandou a líder nacionalista desde Ferrol, onde mantivo un encontro de traballo con responsables municipais de todos os concellos da comarca.

"Sabemos que é unha medida drástica que a ningún Goberno lle gusta tomar pero que é eficaz para conter a pandemia e, polo tanto, para salvar vidas", recalcou.

O confinamento debe acompañarse, afirmou, das necesarias axudas económicas para cubrir aos sectores que máis sufrirían con esta medida e que xa están tendo un impacto moi importante coas actuais restricións. Pontón, insistiu en subliñar a falaz dicotomía entre economía e saúde, "porque non haberá recuperación económica mentres non se controle a pandemia".

Comentarios