O BNG quer que a UE avalíe o impacto do 'Brexit' no sector pesqueiro galego

Ana Miranda presentou unha iniciativa dirixida á Comisión europea para coñecer os efectos da saída británica. Gran Sol e Malvinas son caladeiros de buques de capital e tripulación galega.

barcos 2

Como afectará a saída da Unión Europea ao sector pesqueiro galego? Esta é a pregunta cuxa resposta quer saber o BNG, que trasaladou en forma de iniciativa parlamentar a cuestión á Comisión europea. Augas de soberanía británica como Gran Sol e Malvinas son faenadas por buques de capital e tripulación galega, mais de bandeira británica (para poder así acceder a maior cota). O temor é que, co Brexit, isto cambie. E, por exemplo, Londres decida que neses barcos a maioría do capital ten que ser brit´`anico ou ben unha parte determinada da tripulación.

“Calquera que sexa a decisión que se adopte entre o Reino Unido e a UE, o sector pesqueiro galego debe ser tratado en condicións de igualdade”, indicou Ana Miranda, e iso pasa, sinalou por suprimir o principio de estabilidade relativa. Un criterio de reparto de cotas baseado nos niveis históricos de capturas que implica unha porcentaxe fixa do esforzo pesqueiro autorizado para as principais especies comerciais en cada Estado membro. Nese marco, o estado español conformouse cun repartodun 4% das capturas europeas, co que Galiza e a flota galega, ten unhas cotas de pesca moi inferiores á nosa capacidade pesqueira. Pola contra, un estado como Dinamarca ten o 41%.


 

Comentarios