Nunha roda de prensa conxunta, Xavier Vence e Carlos Cruzado, do sindicato de técnic@s de facenda (Gestha), criticaron a falta de medios para investigar ás grandes empresas e fortunas. Os datos nos que se apoiaron amosan que as grandes empresas só tributan un 3,5% do tipo efectivo fronte a un 14-15%, sobre beneficio contábel, das pemes.
Tanto Vence coma Criado reclamaron un sistema fiscal máis reivindicativos e fixeron referencia a datos estatísticos que amosan que máis do 90 por cento da poboación considera inxusto o modelo de tributación. "Existe un ambiente social que favorece a fraude", afirmou Vence.
En Galiza, segundo os datos da Gestha, a fraude fiscal acada os 14.100 millóns e é un punto maior ca no Estado: un 25,6%por cento fronte ao 24,6% no Estado. En só catro anos, a fraude fiscal incrementouse en 60.000 millóns no Estado, case seis puntos (un incremento similar ao de Galiza).
Tanto Vence como Cruzado coincidiron na necesidade de mellorar os medios humanos e poñer o foco nas grandes empresas e fortunas, fronte á liña de actuación actual, centrada en controlar aquelas que xa están controladas. O presidente do Gestha aludiu aos nomeamentos a dedo da Axencia Tributaria como mostra de que non se estaba a ir por ese camiño.