O BNG fai públicos os gastos da campaña das eleccións galegas: 333.471 euros en total

“Unhas contas que amosan unha organización moi modesta en recursos económicos pero cunha base militante e simpatizante tremendamente comprometida”.

2016092322175050494
photo_camera Mitin do BNG en Vigo na campaña das eleccións galegas

O BNG fai público o seu informe económico correspondente á campaña electoral galega do pasado 25 de setembro. Un informe que se remitiu á militancia da formación e ao que se pode acceder por parte de calquer persoa interesada a través da web bng.gal.

O gasto total realizado en campaña foi de 333.471,77 euros, dos que 65.789,27 se corresponden con gastos efectuados polas diferentes comarcas no seu ámbito. Así pois, o gasto nacional foi de 267.782,50 euros. O maior importe foi destinado ao 'mailing', que supuxo un investimento de 113.084 euros, seguido de publicidade (37.454 euros). "“Para o BNG a transparencia non é unha obriga, senón que forma parte do noso ADN. É un orgullo facer públicas unhas contas que amosan unha organización moi modesta en recursos económicos, pero cunha base militante e simpatizante tremendamente comprometida”, manifestan nun comunicado.

A cota extraordinaria foi unha das vías de ingresos para facer fromte aos gastos da campaña, así como fondos propios do BNG e doazóns. A isto engádese o anticipo electoral ao que tiña dereito o BNG en función dos resultados das anteriores eleccións galegas de 2012. E subscribir unha póliza de crédito específica por un valor de 100.000 euros para facer fronte aos gastos do 'mailing' . Este gasto será integramente cuberto, afirma o BNG, cando sexa aboada  a subvención electoral á que ten dereito en función dos resultados obtidos, que se recibirá unha vez o Consello de Contas fiscalice oficialmente a contabilidade electoral.

Redución

Na campaña o BNG adoptou unha serie de medidas para reducir gastos, como non contratar a nivel nacional ningunha empresa para a colocación de material de propaganda en farolas (PVC's), pontes ou rúas (faixas).

 

Comentarios