BNG estrea sintonía da man de aCentral Folque

A organización frontista fixo pública a súa nova sintonía acompañada d@s artistas Ugia Pedreira e Óscar Fernández, autor@s da peza producida por aCentral Folque. Vídeo no interior.

A responsábel de campaña, Monste Prado, e o secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira presentaron esta sexta feira a nova sintonía da formación nacionalista, baixo o título 'BNG Si, Galiza Si'.

A peza foi creada pol@s artistas Ugia Pedreira e Óscar Fernández en colaboración coa Central Folque. Unha música, dixo Lobeira na presentación, "feita en Galiza por music@s de Galiza". Unha sintonía, recalcan desde o BNG que "chama ao combate nestes intres difíciles" e a "dar pasos adiante", acrecentou Ugia Pedreira.

A peza será utilizada pola organización frontista para as eleccións europeas e foi presentada cun vídeo en que se reproducen distintas mobilizacións sociais convocadas e apoiadas polo BNG. 

Comentarios