O novo líder do PSOE foi recibido polo presidente español en La Moncloa. Un ha reunión ‘distendida’, unha primeira toma de contacto, segundo ambas as dúas partes, nas que se evidenciaron as diferenzas entre socialistas e populares en cuestións como a recuperación económica ou prestacións sociais. Mais o bipartidismo español (PP e PSOE) renovou nesta xuntanza o seu compromiso contra a consulta catalá. Rajoy e Sánchez coincidiron en sinalar que o referendo “é ilegal” e, advertiron, “non se realizará”. Oposición frontal ao dereito a decidir dos pobos. O ‘renovador’ Pedro Sánchez non se moveu un milímetro do posicionamento territorial defendido por Rubalcaba.
Sánchez dixo que hai unha “liña vermella” que non se pode cruzar e que é a “soberanía nacional” que, afirma, “reside no pobo español”, O novo lider socialista ofreceu a Rajoy abrir unha reforma constitucional, ao que o presidente español non se amosou moi animado.
Artur Mas
A reunión tivo lugar pouco antes de que vaia decorrer a cimeira entre Rajoy e Artur Mas. A Generalitat está a manobrar para evitar que o escándalo Pujol penda sobre o President nunha cita de tanta importancia. Por iso acordaron retirar a Pujol as prerrogativas e prebendas como ex-president de Catalunya.