Besteiro, sobre as enquisas, avisa que “o cambio está en marcha"

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta da Galuiza, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a mellor enquisa será a do propio día das eleccións galegas.
EuropaPress_5739298_candidato_socialista_presidencia_xunta_jose_ramon_gomez_besteiro_junto
photo_camera Besteiro, no centro, con integrantes das candidaturas do PSdeG ao 18-F (Foto: Nós Diario)

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta da Galuiza, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a mellor enquisa será a do propio día das eleccións galegas, que decorrerán o 18 de febreiro, e mostrouse convencido de que "o cambio está en marcha".

"Moitas veces a xente fálalle en nome dos galegos e nós neste momento estamos a lle falar aos galegos, que serán os que nos devolvan esa resposta o 18 de febreiro", manifestou esta segunda feira en declaracións aos medios nun acto na capital galega.

Na súa intervención, Besteiro mostrouse convencido de que "o cambio está en marcha" e que a xente pensará "moito" a "quen lle entregará as rendas dese cambio".

"E vai pensar na solvencia, na profesionalidade, na experiencia de goberno, na ambición por cambiar un país e, finalmente, tamén en que Goberno galego vai ter peso no Goberno do estado", dixo para asegurar que todo iso "leva directamente á opción do PSdeG, sen dúbida", afirmou.

Besteiro tamén anunciou que se presentará ao debate electoral desta segunda feira con “propostas de cambio seguro para a Galiza real” na que “o emprego e a sanidade non funciona”, fronte á realidade alternativa que “disfraza o PP”.

O candidato socialista anunciou “propostas solventes porque temos experiencia de goberno, diversas porque temos equipo, ambiciosas porque temos gañas e con garantías porque somos o único partido con peso no goberno de España”. Dixo que os socialistas proporán solucións fronte a un PP que logo de 15 anos “non pode aportar”, e augurou que ofrecerán “explicacións moi poucas, e convincentes ningunha”.

Comentarios