18-F

Besteiro asegura que o PSdeG liderará o "cambio seguro"

“As urnas dirán que o próximo presidente da Xunta son eu”

Espinosa, Varela, Besteiro e Torrado, en Vilagarcía. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Espinosa, Varela, Besteiro e Torrado, en Vilagarcía. (Foto: Nós Diario)

O candidato socialista á Presidencia da Xunta da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, lembrou que as enquisas non acertaron o 23-X e mostrouse convencido de que o Partido Socialista liderará tras o próximo 18 de febreiro o goberno galego.

Minutos antes de entrar no mitin e en declaracións aos medios, o político lugués mostrouse convencido de que o próximo 18 de febreiro as urnas "dirán que o próximo presidente da Xunta" é el.

Besteiro recoñeceu que isto "non é o que di o CIS" pero sostivo que "é o que di a evolución dos votos" que o Partido Socialista vai ter, como xa pasou o 23 de xullo. "Tamén dicían outras cousas.. institutos demoscópicos avanzaban maiorías absolutas do PP, unhas veces sós e outras con Vox", lembrou.

Con todo, tal e como indicou, "a realidade foi outra" e "ben distinta". "Porque, sobre todo na última semana de campaña, sumouse unha mobilización moi importante de xente progresista que quería facer un cambio seguro e solvente", trasladou.

Na súa intervención, ademais, sinalou que o presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, volverá estes días á Galiza. "Volverá Sánchez e volverá moita máis xente en apoio dun proxecto solvente e críbel", sinalou para reivindicar un goberno na Xunta que "teña capacidade e influencia" no Executivo do Estado.

Sanidade moderna

Nun acto público que decorreu en Vilagarcía de Arousa (O Sanlés) e no que tamén participaron a candidata Elena Espinosa, o candidato Julio Torrado e o alcalde da vila, Alberto Varela, Besteiro comprometeuse a dotar Vilagarcía dun "centro de saúde moderno" con persoal "suficiente" para garantir a calidade da sanidade pública.

Comentarios