18-F | BARÓMETRO PARA NÓS DIARIO

Barómetro completo de EM-Analytics (10 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

A batalla polos últimos escanos non dá tregua. O Partido Popular cede na xornada deste sábado un escano na circunscrición de Ourense a Democracia Ourensá e fica con 38 actas, só unha por riba da maioría absoluta. A pelexa estréitase nas circunscricións da Coruña e Pontevedra, onde a formación liderada por Alfonso Rueda mantén dous escanos por só unhas décimas. A decantación da importante bolsa de electorado indeciso, cuxa cifra se sitúa en arredor do 20% do censo, será decisiva para resolver o reparto final de escanos nas demarcacións electorais galegas. Até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Estimación de escanos e votos segundo o barómetro de EM-Analytics para 'Nós Diario' deste 10 de febreiro.
photo_camera Estimación de escanos e votos segundo o barómetro de EM-Analytics para 'Nós Diario' deste 10 de febreiro.
A entrega do barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics que publica hoxe Nós Diario deixa o Partido Popular co 45,7% dos sufraxios e con 38 escanos. Os populares…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios