18-F | BARÓMETRO PARA NÓS DIARIO

Quen leva o último e decisivo escano? Consulta aquí a loita en cada circunscrición (10 de febreiro)

Estas son as forzas políticas que defenden o último (e decisivo) escano en cada circunscrición, e a distancia á que está o partido político que podería arrebatarllo, segundo o último barómetro elaborado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics para Nós Diario, correspondente a este sábado, 10 de febreiro.

Loita polo último escano, segundo o barómetro deste 10 de febreiro.
photo_camera Loita polo último escano, segundo o barómetro deste 10 de febreiro.

A repartición de escanos por medio da Lei D'Hondt e a elevada barreira electoral que impuxo no país o popular Manuel Fraga (5%) xogarán un papel decisivo na configuración da 'foto final' do vindeiro 18 de febreiro. Na circunscrición da Coruña están en xogo 25 escanos; na de Pontevedra, 22, e nas de Lugo e Ourense, 14 en cada unha delas. A batalla pola última acta para entrar no Parlamento da Galiza será crucial e determinará o resultado das eleccións.

E quen tería nestes momentos ese último escano e quen podería arrebatarllo? Con base no barómetro electoral elaborado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics para Nós Diario que se publica íntegro no xornal deste sábado, 10 de febreiro, o PP sería a formación política que fecharía a repartición de escanos en dúas das catro circunscricións —A Coruña e Pontevedra—.

Tanto na Coruña como en Pontevedra Sumar sería a formación que máis perto estaría de arrebatar ese último escano, a 0,6 puntos no primeiro caso e 0,4 no segundo, en concreto. 

O Bloque é quen defende a acta final en Lugo e Ourense, cunha vantaxe de 3,5 puntos sobre o seu inmediato perseguidor, o PSdeG, no caso de Lugo, e de 2,6 puntos sbore o PP, en Ourense.

Comentarios