Axenda de campaña


BNG
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, asistirá un acto reivindicativo en defensa do transporte metropolitano na Alameda de Ourense. En Doctor Fléming ás 11.30 horas. Vence participará pola tarde do mitin do Bloque en Ponteareas. No Auditorio Reveirano Soutullo ás 21 horas.

PSOE
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, intervirá na cena-mitin dos socialistas no Barco de Valdeorras. No Pabillón municipal ás 21:45 horas.  

PP
O presidente do Partido Popular de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, asistirá o acto do candidato popular na Coruña, Carlos Negreira, ás 12 horas no Pabillón de Riazor. Ás 15.30 horas estará en Mondoñedo xunto ao presidente provincial José Manuel Barreiro na Casa da Xuventude. Asistirá ao acto do seu partido en Riotorto ás 17 horas, realizará un paseo coa candidatura do PP en Monforte ás 20.30 horas e pechará a xornada cunha cena-mitin en Sarrio, no Hotel Alfonso IX ás 22 horas.

MAREAS

O portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, apoiará o acto de Compostela Aberto xunto ao candidato á Alcadía, Martiño Noriega. No local social da plataforma cidadá ás 12.30 horas. Pola súa banda, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, participará do mitin co candidato por Rianxo en Común, ás 20 horas no local do Cuartel Vello. 

Comentarios