Axenda de campaña para o 19 de maio

Recta final de campaña. Irrompe nela a número 1 do PSOE a Bruxelas, Elena Valenciano, que mitinea en Vigo.

BNG

-10 h, Ana Miranda visita con Xavier Vence as instalacións de Feiraco en Ames, aldea Ponte Maceira; 20 h, mitin en Ferrol no Jofre, con Ana Miranda e Xavier Vence.

Compromiso por Galicia

-Actos políticos en Ourense (20 h), Lalín (20.30 h), Becerreá (20.30 h) e Pontevedra (20.30 h).

AGE

-11.30 h, Lidia Senra mantén unha reunión con membros de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, no hotel Virxe da Cerca; 20 h, mitin en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, con Beiras e Yolanda Díaz.

PSdeG-PSOE

-20 h, mitin en Vigo da candidata do PSOE, Elena Valenciano, con José Blanco, Gómez Besteiro e o alcalde Abel Caballero. Palacio de Congresos Mar de Vigo.

PP

-10 h, Millan Mon toma parte no almorzo da Asociación de Xornalistas de A Coruña, no Hotel NH Atlántico; 21 h, mitin en Oleiros, nas Torres de Santa Cruz, con Millán Mon e Alfonso Rueda.

Comentarios