Axenda de campaña


BNG
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, participará no mitin das candidaturas nacionalistas da comarca do Barbanza, as 12.30 horas no Paseo da Ribeira, en Rianxo. Pola tarde, Vence estará na praza das Pontes, na Coruña, para apoiar a lista nacionalista, as 19.30 horas. 

PSOE
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, intervirá no mitin en Narón, as 13.30 horas no Hotel Sercotel Odeón. Dará outro discurso en Noia, as 19 horas no Coliseo Noela, e pechará o acto da súa formación en Silleda, as 21 horas, no Auditorio Manuel Dopazo.  

PP
O presidente do Partido Popular de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, participará xunto ao presidente provincial en Ourense, Manuel Baltar, nun mitin no municipio de Barbadás, as 12.30 horas na Casa da Cultura. Dúas horas despois, acudirá a Festa do Choco en Redondela, Pontevedra. Pechará a xornada coa presentación da candidatura popular en Baiona, as 19 horas no Parador, e un mitin na Guarda, as 21 horas no Hotel Molino.

MAREAS

A eurodeputada de AGE Lidia Senra asistirá o mitin de SON de Teo-Anova, na Casa Común as 19.30 horas. 
 

Comentarios