18-F | Barómetro para Nós Diario

Avance do barómetro de EM-Analytics (9 de febreiro): a dispersión do voto da esquerda mantén a maioría do PP por unhas décimas

Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal desta sexta feira, 9 de febreiro. Aliás, até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Evolución do tracking diario de EM-Analytics até o 9 de febreiro.
photo_camera Evolución do tracking diario de EM-Analytics até o 9 de febreiro.

Segundo o barómetro do Instituto Demoscópico EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario desta sexta feira, 9 de febreiro, o PP pelexa por manter a súa maioría absoluta, alcanzando nesta xornada 45,4%, catro décimas menos que hai unha semana, ao comezo da campaña electoral.

Fronte a un PP á baixa, o BNG preséntase como a formación con maior porcentaxe de mellora. A candidatura liderada por Ana Pontón rexistra un incremento de 1,7 puntos nos últimos sete días, mantendo así a súa tendencia á alza.

O Partido Socialista da Galiza perde 1,2 puntos en relación ao comezo da campaña, logrando 17,3% dos votos, con 13 escanos no Parlamento galego, onde non entrarían as demais formacións que concorren a estas eleccións.


Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal desta sexta feira, 9 de febreiro. Aliás, até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.

Ficha técnica

Universo: persoas con dereito a voto na Galiza. / Ámbito: Galiza / Cotas por escala ideolóxica, idade, sexo, renda, ocupación, territorio, formación e interese na política, segundo a distribución do censo electoral. / Tamaño da mostra: 1.400 enquisas satisfactorias. / Procedemento de recollida de información: Modelo híbrido. Entrevista online, asistida por ordenador con cuestionario intelixente estruturado CAWI. Reforzo de mostra en Lugo e Ourense con entrevistas telefónicas a fixos e móbiles, asistidas por sistema CATI. / Marxe de erro: 2,62% (N-1.400) para un grao de confianza do 95% (dous sigmas) e na hipótese de P=Q=0,5. / Duración do cuestionario: 4-5 minutos. / Datas do traballo de campo: Inicio do tracking: 1 de xaneiro. Mostra engadida: 7 e 8 de febreiro de 2024. / Número de supervisores: 3. / Responsábeis da análise: Rodrigo Panero e Miguel Díaz. / Instituto: EM-Analytics.com.

Comentarios