18-F | Barómetro para Nós Diario

Avance do barómetro de EM-Analytics (8 de febreiro): PP e BNG disputan por décimas a Presidencia da Xunta da Galiza

Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal desta quinta feira, 8 de febreiro. Aliás, até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Evolución do tracking diario de EM-Analytics para 'Nós Diario' a 8 de febreiro.
photo_camera Evolución do tracking diario de EM-Analytics para 'Nós Diario' a 8 de febreiro.

Segundo o barómetro do Instituto Demoscópico EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario desta quinta feira, 8 de febreiro, os populares gañan dúas décimas na última xornada, alcanzando 45% dos sufraxios. Porén, a formación encabezada por Alfonso Rueda estaría a dúas décimas de perder un escano na circunscrición de Pontevedra e a catro décimas de ceder outra acta na circunscrición da Coruña.

O BNG semella non ter teito nestes primeiros días de campaña. A formación liderada por Ana Pontón gaña dúas décimas máis no último día e xa suma un incremento de 1,2 puntos nas últimas catro xornadas, mantendo unha constante tendencia á alza que a coloca con 23 escanos.

O Partido Socialista da Galiza recupera catro décimas en relación ao barómetro desta cuarta feira, logrando 17,6% dos votos. Os socialistas marcan os seus peores rexistros na circunscrición de Ourense e na Coruña.

 

Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal desta quinta feira, 8 de febreiro. Aliás, até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.

Ficha técnica

Universo: persoas con dereito a voto na Galiza. / Ámbito: Galiza / Cotas por escala ideolóxica, idade, sexo, renda, ocupación, territorio, formación e interese na política, segundo a distribución do censo electoral. / Tamaño da mostra: 1.400 enquisas satisfactorias. / Procedemento de recollida de información: Modelo híbrido. Entrevista online, asistida por ordenador con cuestionario intelixente estruturado CAWI. Reforzo de mostra en Lugo e Ourense con entrevistas telefónicas a fixos e móbiles, asistidas por sistema CATI. / Marxe de erro: 2,62% (N-1.400) para un grao de confianza do 95% (dous sigmas) e na hipótese de P=Q=0,5. / Duración do cuestionario: 4-5 minutos. / Datas do traballo de campo: Inicio do tracking: 1 de xaneiro. Mostra engadida: 6 e 7 de febreiro de 2024. / Número de supervisores: 3. / Responsábeis da análise: Rodrigo Panero e Miguel Díaz. / Instituto: EM-Analytics.com.

Comentarios