18-F | BARÓMETRO PARA NÓS DIARIO

Avance do barómetro de EM-Analytics (7 de febreiro): o PP perde a maioría absoluta e Pontón abeira a Presidencia

O barómetro das eleccións galegas que o Instituto Demoscópico EM-Analytics realiza para este diario sitúa o PP por primeira vez por baixo de 38 escanos, mentres o BNG marca máximos históricos en estimación de voto. Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal desta cuarta feira, 7 de febreiro. Aliás, até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Evolución do 'tracking' electoral elaborado por EM-Analytics en exclusiva para 'Nós Diario'.  Enquisa realizada por EM-Analytics, impídese a súa difusión sen autorización.
photo_camera Evolución do 'tracking' electoral elaborado por EM-Analytics en exclusiva para 'Nós Diario'. Enquisa realizada por EM-Analytics, impídese a súa difusión sen autorización.

O Partido Popular perdería a maioría absoluta. A novena entrega do barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics que publica esta cuarta feira, 7 de febreiro, Nós Diario sitúa o PP cunha estimación de voto de 44,8%, logo de perder na última xornada unha acta en beneficio do BNG. 

Pola súa parte, a formación nacionalista volve marcar máximos neste sexto día de campaña con 28,6% dos sufraxios, deixando a súa candidata, Ana Pontón, máis perto da Presidencia da Xunta da Galiza.


O Partido Socialista de Galicia (PSdeG) perde dúas décimas en estimación de voto no conxunto do país. A formación que encabeza José Ramón Gómez Besteiro rexistra, segundo o barómetro de EM-Analytics, as súas peores perspectivas na circunscrición da Coruña.

Democracia Ourensá logra nesta novena entrega do barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics unha acta no Parlamento galego, ao igual que Sumar. Fican fóra da Cámara Vox con 2,4% e Podemos con 1%.

Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal desta cuarta feira, 7 de febreiro. Aliás, até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.

Ficha técnica

Universo: persoas con dereito a voto na Galiza. / Ámbito: Galiza / Cotas por escala ideolóxica, idade, sexo, renda, ocupación, territorio, formación e interese na política, segundo a distribución do censo electoral. / Tamaño da mostra: 1.400 enquisas satisfactorias. / Procedemento de recollida de información: Modelo híbrido. Entrevista online, asistida por ordenador con cuestionario intelixente estruturado CAWI. Reforzo de mostra en Lugo e Ourense con entrevistas telefónicas a fixos e móbiles, asistidas por sistema CATI. / Marxe de erro: 2,62% (N-1.400) para un grao de confianza do 95% (dous sigmas) e na hipótese de P=Q=0,5. / Duración do cuestionario: 4-5 minutos. / Datas do traballo de campo: Inicio do tracking: 3 de xaneiro. Mostra engadida: 5 e 6 de febreiro de 2024. / Número de supervisores: 3. / Responsábeis da análise: Rodrigo Panero e Miguel Díaz. / Instituto: EM-Analytics.com.

Comentarios