martes 07.04.2020

Antón Sánchez: “Se o prezo dun bo acordo é quedar fóra dunha lista, pagareino con moito gusto”

O portavoz nacional pide "non tapar"  as "discrepancias con nomes propios".

 

 

Antón Sánchez, portavoz de Anova
Antón Sánchez, portavoz de Anova

Primeiro foi Martiño Noriega, ex alcalde de Compostela, e agora é Antón Sánchez, deputado, quen desliga a configuración dunha alternativa da ‘esquerda rupturista’ para o 5-A do debate de nomes e sitio nas candidaturas. “Non tapemos as discrepancias con nomes propios se o que queremos é construír o espazo común”, afirma nun tweet publicado nas redes sociais esta terza feira.

Sánchez, portavoz de Anova, ao igual que Noriega hai uns días, está disposto a non ir nunha candidatura se iso facilita un acordo entre os diferentes actores políticos que negocian una candidatura unitaria. “Se o prezo dun bo acordo para derrotar a dereita é quedar fóra dunha lista, pagareino con moito gusto, porque para min non vale nada”, afirma.

comentarios