"Samuel Juárez ponse do lado dos romanos e nós estamos no Monte Medulio. Este señor é un fascista"

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, afirma, en conversa con Sermos Galiza, que a formación nacionalista só estará nunha candidatura ás europeas que parta da idea "de que a esta Unión Europea hai que combatela".

Bieito Lobeira, secretario de Organización do Bloque
photo_camera Bieito Lobeira, secretario de Organización do Bloque

Bieito Lobeira enfatiza que "o BNG non é unha forza domesticada" nin "ao servizo dun proxecto político español". Neste senso, di, a autodeterminación é "a chave para conquistar a democracia e a xustiza social".

En relación coas polémicas declaracións do delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, Lobeira é taxativo: "este señor é un fascista" que mesmo "advoga pola supresión das autonomías", sinala. Para o nacionalista, as acusacións lanzadas por Juárez [puxo en dúbida que o BNG estivese en contra do terrorismo] danlle á organización frontista "máis forza para seguir plantándolle cara". 

Perante a situación actual, marcada pola crise económica, institucional e social, Bieito Lobeira ten claro que hai que "porse en pé" e amósase partidario de "aplicar a insubmisión" fronte as "medidas inxustas" recollendo o "preceito histórico rosaliano da xustiza pola man". 

Podes ler a entrevista completa no número 52 do Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques do país e na nosa loxa

Comentarios