Aliás, o dirixente de Compromiso por Galicia deita a sospeita sobre unha presunta implicación de Arenas na publicación das fotografías de Alberto Núñez Feijóo acompañado polo narcotraficante arousán, Marcial Dorado.
Segundo Rafa Cuíña, o actual vice-secretario do Partido Popular, Javier Arenas tería moito que dicir "presuntamente" --matiza-- sobre "algunhas fotos con crema" --en alusión ás imaxes publicadas polo diario El País nas que o presidente da Xunta partilla iate co narco.
Rafa Cuíña, fillo do histórico líder popular e número dous de Manuel Fraga na Xunta de Galiza, Xosé Cuíña, pediu nun chío posterior que a militancia do PP --no 99% dos casos "xente decente e exemplar"-- debe "pedir responsabilidades aos seus dirixentes" que, di, se están a rir deles.
As afirmacións de Cuíña prodúcense logo de se publicaren unha parte dos manuscritos orixinais propiedade de Luís Bárcenas nos que o ex-tesoureiro popular rexistrou os pagamentos ilegais percibidos pola cúpula do PP (incluído o actual pesidente español, Mariano Rajoy), durante dúas décadas.