O sector soberanista rebélase en ICV

Militantes da organización política avanzan que desobedecerán a Joan Herrera.

Joan Herrera, secretario de ICV [Imaxe: ICV]
photo_camera Joan Herrera, secretario de ICV [Imaxe: ICV]

Até o momento non son moitas as reaccións mais algunhas persoas destacadas amosaron xa o seu rexeitamento ás declaracións de Joan Herrera nunha entrevista concecida ao xornal español, El País. Após o dirixente de ICV avanzar que non votará na consulta do 9 de Novembro, militantes da organización política aseguraron através das redes sociais o seu desacordo e anunciaron que si exercerán o seu sufraxio. 

Así o asegurou o candidato de Iniciativa en Lleida, Eduard Baches, através dunha carta remitida á militancia na que dixo votará 'Si-Si'. Baches considerou a consulta un acto "revolucionario" e un "paso de xigante na loita para conseguir o noso futuro". Aliás, emprazou a base militante de ICV a emitir o seu voto e "encher as urnas". 

De igual maneira o escritor Jordi Coca, candiato de ICV nas pasadas eleccións ás Cortes españolas, manifestou através da súa conta oficial de Twitter que "tampouco" votará el "a Herrera" de quen dixo "cando fala non o entendo e cando cala tampouco". Embora afirmar que "non" lle "agrada nen un pouco" a "xogada de Mas" sinalou que o líder de ICV "converteu" a formación "nun pequeno nicho en troca de se abrir". 

Segundo informa o xornal catalán NacióDigital.cat o deputado Jaume Bosh solcitou para esta segunda feira unha xuntanza extraordinaria da dirección para que Herrera dea explicacións. 

Máis en Països Catalans
Comentarios