EN RESPOSTA A UN LíDER DE PODEMOS EN CATALUNYA

Lluis Llach: “Nós non dicimos que podemos, nós farémolo”

O cantautor e cabeza de lista de 'Junts pel Si' respondeu a unha carta aberta que lle escribiu Albano Dante, membro de Podemos e nº4 de 'Catalunya Sí que es Pot '.

lluis-llach-dels-carrers-porrera-1412953883522

Lluis Llach, cabeza de lista en lleida de 'Junts pel Si', a candidatura de ERDC, CDC e organizacións soberanistas para o 27S, recibiu estes días unha 'carta aberta' de Albano Dante. Dante, un dos representantes de Podemos en Catalunya e nº4 da candidatura 'Catalunya si que es pot' explicaba na misiva o 'Caso do consorcio sanitario de Lleida' – un dos cabalos de batalla do movemento contra os recortes- e implicaba a partidos cos que Llach partilla lista electoral.

“Ninguén ten un mapa de todo fiábel sobre como chegar a Itaca, mais todos deberiamos ter claro que atallos non se poden coller”, escribía na carta aberta Albano Dante, referíndose precisamente a que o cantautor vaia na candidatura con CDC. Llach contestoulle que “os amigos da CUP e de ERC” xa lle explicaran a realidade da situación do 'Caso Consorci', e que chegado o momento actuaría en consecuencia. Ademais, tamén se pronunciaba sobre os “atallos” aos que se refería o de Podemos, dicinco que o escollido por Podemos “algúns vena como unha subida ao calvario”. E engadiu: “Moitos de vostedes din que si se pode, e seguro que queren. Mais Junts pel Si e a CUP non dicimos que podemos, nós farémolo”.

Máis en Països Catalans
Comentarios