CIUTADANS, SEGUNDA FORZA, DESASTRE DO PP E DERROTA POLíTICA DE PODEMOS E INICIATIVA

Co 76% escrutado, maioría absoluta independentista

[ACTUALIZACIÓN ÁS 22:00] Os dados oficiais, cun escrutinio aínda baixo a estas horas, por volta do 76%, confirmarían a maioría absoluta independentista. A suma de Junts pel Sí e a CUP tería neste momento 73 escanos, 5 por cima da maioría absoluta.

 

Noite eleitoral. Eleccións Catalunhya.
photo_camera Foto: NacióDigital

Os dados demoscópicos tomados a pé de colexio eleitoral confirman as tendencias das enquisas xa publicadas durante a campaña. O bloco independentista acadaría a maioría absoluta. Ciutadans sería a segunda forza. Desastre do PP, superado pola CUP. A derrota política clara de Catalunya si que es pot (Podemos + Iniciativa per Catalunya), por debaixo do PSC.

A enquisa da TV3 oferece os seguintes resultados:

Junts pel Sí, entre 63 e 66 escanos. Un 40,7% do voto.

Ciutadans, entre 19 e 21. 15,4% do voto.

PSC, entre 14 e 16. 12% do voto.

Catalunya si que es Pot, entre 12 e 14. 10,4% do voto.

CUP, entre 11 e 13. 9,1% do voto.

PP, entre 9 e 11. 7,7% do voto.

Unió, entre 0 e 3. 2,9% do voto.

O traballo é da autoría de TNS Demoscopia, 30.000 persoas inquiridas a pé de urna, en 201 colexios eleitorais en todo o país.

A maioría absoluta no Parlament está en 68 escanos. A suma de Junts pel Sí e CUP dá entre 74 e 79.

A COPE, na mesma liña

Unha sondaxe realizada para a COPE outorga tamén maioría absoluta á opción da independencia, con esta repartición de escanos: Junts pel Sí, 62-65; Ciutadans, 18-20; PSC, 16-18; Catalunya si que es pot, 11-13; PP, 10-12; CUP, 9-11; Unió, 2-3.

Máis en Països Catalans
Comentarios