Mundo

Rusia culpa a Ucraína dos asasinatos de Odessa, onde participaron neo-nazis

Rusia culpa a Ucraína dos asasinatos de Odessa, onde participaron neo-nazis

Imaxes proban que as persoas mortas no edificio dos sindicatos estaban indefensas e foron atacadas e "queimadas vivas" por bandas armadas de carácter fascista. Moscú afirma que “as autoridades de Kiev son responsábeis directas” da matanza.

Ucrania
photo_camera Ucrania

O goberno ruso acusa ás autoridades ucraínas e a Occidente da vaga de violencia das últimas horas na cidade de Odessa, onde 31 persoas -outras fontes falan de 42- morreron queimadas vivas no incendio provocado no edificio da sede dos sindicatos. Diversas imaxes confirman a participación de grupos de ultra-dereita no ataque contra rebeldes enfrontados con Kiev, que utilizaron armamento contra militantes indefensos.

“As autoridades de Kiev non só son responsábeis directas, senón cómplices destas actividades criminais. Están até arriba de sangue”, declarou o portavoz do Kremlin, Dimitri Peskov. “A traxedia de Odessa foi produto da connivencia daqueles que se consideran a autoridade de Kiev, que permitiron que os extremistas e os radicais queimaran viva a xente desarmada”, engadiu.

Pola súa banda, o goberno ruso tamén pediu ao goberno de Estados Unidos que medie ante o de Ucraína para que este deteña a súas accións militares no leste do país, onde grupos rebeldes reclaman a súa soberanía e a súa relación histórica con Rusia.

comentarios