Novos ataques de Israel elevan a 2.110 as vítimas mortais na ofensiva contra Gaza

En menos de dous meses, o exército de Israel provocou milleiros de persoas feridas e case medio millón de desprazad@s a maiores dos máis de 2.000 mortos palestinos.

palestina
photo_camera Palestina

Alomenos 2.110 palestin@s morreron e máis de 10.500 resultaron ferid@s pola ofensiva israelí sobre a Franxa de Gaza desde o seu inicio, fai xa 48 días, segundo o último balance das autoridades palestinas. Ademais, a ONU contabilizou 460.000 desprazados, un de cada catro habitantes do enclave.

Este domingo os bombardeos indiscriminados da operación Marxe Protectora do exército de Israel cobráronse a vida de seis palestin@s e decenas máis resultaron ferid@s. Durante a noite morreron dous palestinos en ataques israelís e os bombardeos continuaron pola mañá, segundo informou a axencia de noticias palestina Maan, que cita fontes do Ministerio de Sanidade de Gaza.

Un adolescente, Muhammad Wael Al Judari, e unha nena de dous anos, Zeina Bilal Abú Taqiyya, morreron nun bombardeo sobre o barrio do Xeque Radwan, na Cidade de Gaza. Outras cinco persoas resultaron feridas.

Máis en Mundo
Comentarios