Unha estatística oficial sinala que na India é violada unha muller cada 22 minutos

Así mesmo, cifras de UNICEF afirman que unha de cada dez rapazas menores no mundo foron vítimas de abusos sexuais, namentres en Galiza e o Estado crecen os asasinatos machistas.

Cada 22 minutos denúnciase unha violación na India, onde as cifras de abusos machistas contra as mulleres disparouse un 1.250 por cento nos últimos 40 anos, en rexistro que chega até 2013, ano que marcou, de longo, o maior número de casos computados polas autoridades: 33.707. No entanto, e si se atende aos datos doutras fontes, onde unha cuarta parte de indios consultados admite cometer polo menos un acto de violencia sexual, a cifra podería ser entre 50 e 200 veces maior.

Por outra banda, tamén se coñeceu hai un día outra estatística que sinala que unha de cada dez menores en todo o mundo foi vítima de violacións ou actos sexuais forzados e unha de cada tres adolescentes casadas sufriu algún tipo de violencia física, sexual ou emocional, segundo os datos do informe 'Oculto a plena vista' publicado polo Fondo da ONU para a Infancia (UNICEF).

Máis en Mundo
Comentarios