As enquisas concédenlle máis de tres puntos de vantaxe a Syriza en Grecia

A forza de esquerdas mantense como principal favorita para os comicios que terán lugar o 25 de xaneiro e malia as presións internacionais só perdeu 0,3 puntos de favor desde a convocatoria das anticipadas, das que están moi pendentes os poderes europeos.

syriza-crop
photo_camera Mitin de Syriza

A coalición de Esquerda Syriza avantaxa en 3,1 puntos porcentuais aos seus adversarios segundo unha enquisa publicada este domingo sobre as eleccións anticipadas en Grecia que anunciou esta semana o primeiro ministro Antonis Samaras.

A enquisa dá a Syriza un apoio do 30,4 por cento fronte ao 27,3 por cento dos conservadores de Nova Democracia, a formación de dereitas de Samaras, o que supón unha lixeira redución desde os 3,4 puntos de vantaxe da mesma enquisa anterior.

A sondaxe tivo lugar entre o 29 e 30 de decembro, é dicir, após coñecerse que o candidato á Presidencia elixido por Samaras non obtivera a aprobación do Parlamento, o que desencadeou a anticipación das eleccións ao 25 de xaneiro.

Alemaña

Por outra banda, diversas informacións aseguran que o Goberno alemán considera que Grecia podería abandonar o euro sen danar os intereses dos países máis poderosos da Unión Europea en caso dunha vitoria de Syriza, malia que FMI e outros poderes económicos xa ameazaron con fortes problemas para o país en caso de triunfo da forza de esquerdas.

Máis en Mundo
Comentarios