'A historia marítima baixo as nosas augas'

'Speed', cuarta entrega do coleccionábel 'A historia marítima baixo as nosas augas'

Este naufraxio constitúe un dos meirandes achados documentais para a historia naval de Galiza. O seu expediente fora arquivado na Capitanía Marítima de Ferrol, no mes de febreiro de 1815 e dende esta data ficou gardado nunha carpeta selada con lacre que se gardaba no AGMAB (Archivo General de Marina Álvaro de Bazán), un inmenso arquivo da Armada española situado na localidade de El Viso del Marqués (Cidade Real). Ao abrir esta cápsula do tempo que levaba dous séculos inalterada, o seu contido descubriunos un episodio abraiante acontecido entre os Estados Unidos de América e o Imperio británico, que se atopaban en guerra por segunda vez na súa historia.
Recreación do naufraxio da fragata británica Speed, na praia de Ponzos (Ferrol), para a revista nº 14 de Columba. (Ilustración: Julio Ferrín).
photo_camera Recreación do naufraxio da fragata británica Speed, na praia de Ponzos (Ferrol), para a revista nº 14 de Columba. (Ilustración: Julio Ferrín).
Inglaterra e as súas colonias do Canadá , achábanse por segunda vez inmersas nun conflito bélico contra os Estados Unidos de América (EUA), unha nova nación que lle declarou a guerra o 18 de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios