‘Nos Diario’ agasalla hoxe unha biografía de Pardo de Cela que podes conseguir no teu quiosco máis próximo

Nos Diario agasalla hoxe aos seus lectores e lectores coa edición en papel do xornal unha biografía de Pedro Pardo de Cela elaborada polo historiador Alexandre Peres Vigo. Se queres facerte con ela acude a buscala ao teu quiosco máis próximo.

Lápida da tumba de Pardo de Cela na catedral de Mondoñedo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Lápida da tumba de Pardo de Cela na catedral de Mondoñedo. (Foto: Nós Diario)

Pedro Pardo de Cela. Vida, morte e memoria dun nobre galego é a biografía do rebelde galego que liderou a revolución contra Castela de finais do século XV.

O volume ofrece unha panorámica daquel amplo movemento nacional e popular que tras a chegada á coroa dos Reis Católicos tentou virar a sorte do país, arrendándoo de Castela, uníndoo a Portugal e ligándoo aos pobos atlánticos.

O alcance desta revolución ficou testada na documentación ofrecida polos propios cronistas dos Reis Católicos, até o punto de sinalar o secretario de Estado deses monarcas, Hernando del Pulgar, que 1.500 galegos e galegos víronse obrigados a exiliarse en Bretaña e Portugal para fuxir da represión castelá.

A guerra de Galiza contra Castela

O autor da biografía, o profesor da Universidade da Coruña, (UDC) Alexandre Peres Vigo, sinala que a derrota da rebelión galega só foi posíbel tras unha dura campaña militar lanza por Castela e apoiada en tropas mercenarias.

Vigo indica que que “Isabel e Fernando enviaron as tropas castelás da Santa Irmandade á Galiza en 1480 baixo o liderado do vicerrei Fernando de Acuña. Axiña as accións bélicas da Irmandade se dirixiron contra o propio Pardo de Cela e os seus partidarios, considerados rebeldes á Coroa castelá”.

O profesor da UDC lembra que “persecución das autoridades reais contra o Marechal levou este a procurar refuxio na súa inexpugnábel fortaleza da Frouseira, no concello de Foz, onde durante meses resistiu o asedio das tropas de Acuña”

A execución de Pardo de Cela

A execución de Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos, que algúns autores sitúan o 3 de outubro de 1483 e a tradición o 17 de decembro dese ano, non significou o remate da revolta da galega.

Neste liña, Peres Vigo afirma, que “a execución de Pedro Pardo foi seguida pola revolta da súa filla Constanza e aínda polo entón conde de Lemos, que mantiveron o reino en vilo”. Precisamente, Constanza de Castro morreu loitando contra as tropas castelás en 1484 no castelo de Vilaxóan ou de Caldaloba, na parroquia de San Martiño do Pino, no concello de Cospeito.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios