Francisco Macías, editor e investigador

"Abelardo foi sempre 'O Lebre' para os seus veciños de Carucedo"

Francisco Macías (Lago de Carucedo, O Bierzo, 1958) é editor, fundador e director de Edicións Positivas. Nesta ocasión falamos con el arredor da investigación sobre o seu veciño, o guerrilleiro Abelardo Macías 'O Lebre', de quen escribe nesta cuarta feira en Nós Diario.
Francisco Macías. Foto: Nós Diario
photo_camera Francisco Macías. Foto: Nós Diario

Abelardo Macías é denominado “El Liebre” por boa parte dos investigadores porén vostede refírese a el como “O Lebre”, realmente con que alcume foi coñecido polos seus veciños?

Os veciño de Lago de Carrucedo no Bierzo sempre falaron del como “O Lebre”, e afirman que xa era chamado así desde antes do Golpe de Estado. Para as persoas áxiles e rápidas, e el érao, hai un alcume "Remote" lle dicimos por estas terras- moi usado, e é o de “Lebre”. Os habitantes de Lago eran todos galegofalantes. Pode parecer normal que castelanicen o alcume autores casteláns, pero que o fagan os galegos parece estraño. Algo semellante sucede con Ferradillo, ao que os bercianos de fala galega sempre chamaron Ferradelo.

Cales foron os motivos que levaron a Abelardo a pasar á clandestinidade e a unirse aos fuxidos?

No artigo xa conto brevemente as circunstancias que rodearon a fuxida de Abelardo ao monte. Foi súa irmá Julia quen o convenceu, diante de todo o pobo reunido na praza, para que volvese ao monte, que non se entregase. Era o mes de setembro, a finais. El, coma os demais, estivera, até ese día, axudando nos traballos agrícolas, e de noite durmindo no monte O Páramo. Ese acto de non entregarse xa o obrigou a quedar no monte, tal e como lles pasou a outros moitos. 

“Abelardo escolleu o anarquismo da CNT cando subiu ao monte”

Como foi o seu proceso de toma de conciencia política e o seu achegamento ao anarquismo?

Pola información de veciños que o coñeceron el non militara en ningunha organización política antes da guerra. Era un labrego, e que ás veces traballaba no caleiro sito na mesma localidade. Foi no monte onde tomou contacto con diversas persoas, cada quen coas súas ideas, e escolleu o anarquismo da CNT. Moitos dos fuxidos eran coñecidos del das localidades dos arredores e acabaron tamén na CNT. Mais hai historiadores que falan da influencia en Abelardo do leonés da Robla Marcelino de la Parra.

Abelardo fixo parte da Federación e posteriormente do Exercito Guerrilleiro da Galiza, organización hexemonizada polos comunistas, como foi a súa convivencia política con este sector?
Abelardo era unha persoa bastante libre, moi activa, e din que pouco dado á disciplina imposta. Na época da Federación integrouse perfectamente, pois el participou na súa xestación. Aínda así, tivo algunha que outra sanción por incumprir o regulamento da Federación. Mais a etapa do Exército Guerrilleiro sería máis convulsa, Nunca se integrou. Vía esta estrutura como algo allea, distante, partidista, ríxida, militarista. Desde que o Partido Comunista conseguiu o control da guerrilla, a maioría dos guerrilleiros que quedaban comezaron a pensar no exilio, Abelardo entre eles.

“O asasinato da Carmen Jerez foi dunha crueldade que aínda hoxe resoa”

O asasinato de Carmen Jerez foi un dos crimes máis terríbeis cometidos polo ditadura contra a guerrilla. Tratándose dunha persoa  tan próxima a Abelardo que nos pode dicir da súa militancia e das circunstancias da súa morte?
Efectivamente, o asasinato da valdeorresa Carmen Jerez Rodríguez foi dunha crueldade que aínda hoxe resoa coma un eco cruel entre as montañas que acompañan ao Sil. É a utilización da muller como corpo de vinganza, como represalia por se relacionar con un dos guerrilleiros máis buscados. Moitas mulleres, a maioría, militaban na solidariedade, na axuda aos guerrilleiros, pero sen siglas. Pode que Carmen fose unha dela

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios