Cen anos da visita de Cambó á Galiza

O 10 de setembro de 1917, Francesc Cambó chegaba á Galiza acompañado doutros dirixentes do catalanismo. O político catalán era o espello para o conxunto dos nacionalistas do Estado e para unha parte significativa da opinión progresista. Recuperamos aqueles días e o significado que a súa estadía representou para o nacionalismo galego.

Cambó. De esquerda a dereita Rodrigo Sanz, Lois Porteiro Garea, Francesc Cambó e Xesús Culebras, en Santo Domingos de Bonaval, o 11 de setembro de 1917.
photo_camera De esquerda a dereita Rodrigo Sanz, Lois Porteiro Garea, Francesc Cambó e Xesús Culebras, en Santo Domingos de Bonaval, o 11 de setembro de 1917.

As relacións entre o nacionalismo galego e catalán veñen de vello. Nos albores do movemento nacionalista galego, a mocidade provincialista partillaba orientacións, relacións e amizade con aqueloutra que en Catalunya iniciaba a renaixença. Así, o grande Víctor Balaguer aparecía como colaborador de El Porvenir compostelán e dedicaba na prensa madrileña versos laudatorios a Antolín Faraldo. Nas décadas finais do século XIX, o catalanismo collía folgos das achegas de Alfredo Brañas, afirmando ao tempo o propio Cambó que remataría por iniciarse na loita patriótica após escoitar unha charla do galego en Barcelona. E así foi tamén nos tempos da Liga Galega, e continuou coas Irmandades da Fala, que non tardaron en tentar estreitar lazos coas patriotas cataláns, situados xa na avanzada da loita polas liberdades nacionais.

7Non debe estrañarnos logo que nunha data tan próxima á constitución das Irmandades da Fala como o 19 de agosto de 1916, Ferrán Agullo, secretario xeral da Lliga Regionalista, manteña unha xuntanza en Compostela con Antón Vilar Ponte, Lois Porteiro e Xesús Culebras, encontro que senta en boa medida as bases do futuro acordo político entre as organizacións do nacionalismo galego e catalán. Esta primeira aproximación entre os representantes das dúas forzas políticas, resultado do traballo que diante dos cataláns viñan desenvolvendo fundamentalmente Rodrigo Sanz, Vilar Ponte e Porteiro Garea, terá continuidade o 24 de novembro, coa nova recollida no xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades, onde se anuncia a próxima visita de Galiza Francesc Cambó, acompañado doutros dirixentes do catalanismo.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 244, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios