Adega e a Fundación Eira da Xoana organizan unha homenaxe a vítimas da represión franquista

“Memoria, recoñecemento e tributo ás persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da ‘longa noite de pedra’”, indican desde ambas as organizacións.
A Eira da Xoana en Agolada (Foto: Eira da Xoana).
photo_camera A Eira da Xoana en Agolada (Foto: Eira da Xoana).

A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza e a Fundación Eira da Xoana organizan este ano unha homenaxe ás vítimas da represión que viñan facendo desde anos atrás outras organizacións.

“Memoria, recoñecemento e tributo ás persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da ‘longa noite de pedra’”, indican desde ambas as organizacións.

Adega e a Fundación Eira da Xoana presentaron o programa das actividades que terán lugar este 19 de agosto en diferentes puntos.

A xornada

Dará comezo a xornada ás 11.45 horas co ‘Encontro no Coto ( a carón da estrada de Melide a Palas de Rei (N-547).

Xa ás 12 horas, será o acto no monólito de Sá, na volta de Ludeiro (Palas de Rei), no lugar, a beira da estrada N-547, onde apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Valiño.

 A continuación, iniciará un roteiro na memoria de Marcial Villamor Varela, Ramón Rodríguez Varela, Curuxás, Delfino Liñeira Fraga, O tranviario e Benedicto Fuentes Díaz.

Haberá tamén un xantar de confraternidade na Eira da Xoana (concello de Agolada) ao que preseguirá un cto no monólito da Eira: homenaxe a Primo Castro Vila, que foi alcalde republicano en Agolada, e a “todas as persoas que sufriron persecución polo seu compromiso coas causas xustas”.

Finalmente a xornada rematrá ás 17.30 coa presentación, pola súa autora, do libro A quadratura do círculo de Adela Figueroa Panisse (o libro contén un relato dedicado aos mestres da República que sufriron represalias e castigos).

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios