mércores 05/08/20

Acto Nacional da Iniciativa Galega pola Memoria na Illa de San Simón

Como cada edición, lerase un manifesto -baixo o lema "Fascismo, nunca máis!” e haberá unha lembranza especial para os desaparecidos Chato Galante -torturado polo tamén recentemente falecido Billy 'El Niño'-, Antonio Nores e Pepe Francés, integrantes da asociación que faleceron nos últimos meses.
Chato Galante, en San Simón, en xullo de 2019 (Imaxe: IGM)
Chato Galante, en San Simón, en xullo de 2019 (Imaxe: IGM)

A Iniciativa Galega pola Memoria  (IGM) levará a cabo este domingo, 19 de xullo, o seu xa tradicional Acto Nacional na illa de San Simón. Mais, a diferenza do acontecido en anos anteriores, a Covid-19 obriga a que no sitio das 500 persoas que cada ano se desprazaban desde todos os puntos da Galiza á que fora sede dunha cárcere franquista tan só estean presentes unha trintena de representantes dos diferentes colectivos que conforman a IGM.

comentarios