Unha web axudará a traducir Twitter para o galego

Carlos García, responsábel de crear a conta en Twitter, @twitter_en_galego, abre agora unha páxina web cos pasos a seguir para axudar a que teñamos esta rede social na nosa lingua.

Hai uns dias publicamos que Twitter podía pechar o acceso a traducir a súa versión en galego por falta de interese na tradución. Numerosas persoas interesáronse, daquela, polos pasos a seguir para axudar a que se remate canto antes mellor. Para facilitar o acceso da maior cantidade de voluntari@s posíbeis, carlos García ven de abrir unha nova páxina web cos pasos a seguir e como se pode manexar un, dentro do Centro de Tradución do Twitter.

Dentro da web tamén se pode observar e seguir as campañas que se fixeron o longo deste ano e medio, e os logros acadados. "Hai unha lapela sobre a cronoloxía da iniciativa, onde se deixa clara a súa base popular, sen intervencións por parte das institucións e o protagonismo que quería e o parecer aínda queren seguir tendo por parte do PP, sobre este logro na rede", apunta Carlos García. O promotor desta iniciativa asegura que "hai moi poucos medios de comunicación que explican verdadeiramente o que lles conto, pódese ver cando un busca algo sobre o Twitter en galego e só se atopan noticias sobre a Xunta ou a campaña de sinaturas de Change.org, que apoiou a iniciativa promovida pola Xunta".

"Hai unha lapela sobre a cronoloxía da iniciativa, onde se deixa clara a súa base popular, sen intervencións por parte das institucións"

En galego se hai tradutor@s

A tradución da ferramenta de Twitter é impresindíbel para que teñamos esta rede social en galego.  Como explica Carlos García "se @translator de Twitter  non identifica que se esta a traballar na plataforma non se remata a tradución". Este foi o motivo polo que este studante de Políticas da USC creou agora esta páxina web.

Comentarios