O sector da dobraxe en Galiza advirte do seu proceso de desmantelamento

Para profesionais do sector e para A Mesa a ‘’exclusión’’ do galego da dobraxe elimina o idioma do audiovisual e afecta a postos de traballo.

dobraxe

Un informe elaborado pola Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe en Galiza (Apradoga) sobre a situación do sector manda un sinal de alarma, advirten desde a Mesa pola Normalización Lingüística. Neste informe de profesionais da dobraxe recóllese como é un sector, dí A Mesa, “en proceso de desmantelamento en Galiza, con graves consecuencias de precariedade laboral e de perda de postos de traballo”. Un documento no que se recollen reivindicacións necesarias para atinxir un mínimo de presenza do galego nun ámbito fundamental como é o do audiovisual.

A plataforma presidida por Marcos Maceira lembra que xa propuxo a comezos de marzo seis medidas urxentes polo galego. Entre elas, estaban as que tiñan relación co papel normalizador que debe cumprir a CRTVG “e nomeadamente co establecemento de convenios e acordos con outras canles, distribuidoras e produtoras, que permitan que as dobraxes cheguen a todo o público a través de toda as canles de TV, do cinema ou do mercado de DVD cunha atención especial aos produtos audiovisuais destinados ao público infantil e xuvenil”.

Comentarios