alebestrar.- Acción realizada por unha persoa que anda inquieta, que non para de moverse, preocupada, alterada mesmo.
Lugar de escoita.- Ferrolterra.
Fonte.- Henrique Dacosta.
amole.- Ato ou efeito de amolar/-se (importunar/-se).
Exemplo.- “Levou um bom amole.”
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
cachinas (comer ou levar o).- Comer ou levar o demo.
Exemplo.- "Esse capital comeu-lho o cachinas. Os cartos quem nom os sabe aforrar, logo lhos leva o cachinas."
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
comer a africana.- Comer a alguém os nervos.
Exemplo.- “Nom dava chegado e a mim comia-me a africana.”
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
escú!.- Expresión de incredulidade e estrañeza. Emprégase en ocasións en que se ve algo totalmente inesperado.
Lugar de escoita.- Atios (O Porriño).
Fonte.- Jessica Ramilo.
Outros apuntamentos.- Desde a APAMP (Vigo). Indica a informante que pode provir de “Escoita!”.
moita hora lle fora.- Coa auga ao pescozo, estar a punto de algo grave pero sen chegar a suceder.
Exemplo.- “Sábeo porque alguén de nós se foi do barbo.”
Lugar de escoita.- Ferrolterra.
Fonte.- Henrique Dacosta.
ósmia.- Preocupação ou empenho quase obsessivo; lideira.
Exemplo.- “Co'a ósmia do fútbol nom governa outra vida.”
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
Outros apuntamentos.- Segundo o informante: “Usa-se nomeadamente na locução "co'a ósmia de".”