Palabras con memoria: natureza na lingua

flortoxo

calexón.- (Ademais de significados xa rexistrados) Lugar no que abunda moito o toxo.

Lugar de escoita.- As Pontes.

Fonte.- EDLG IES Moncho Valcarce (As Pontes).

herba segueda.- Herba tenra e vizosa.

Lugar de escoita.- Vigo (Cabral e Candeán).

Fonte.- Informante de Manuel Cabada Castro.

Outros apuntamentos.- Comenta a informante que medraba nun noiro ou herbal onde pola parte de arriba había un pequeno carreiriño (chamado “seguedo”) polo que corría un cativo regueiro do que saía auga cara ó noiro.

paolo.- (Ademais de significados rexistrados) Toxo gateño.

Lugar de escoita.- Baiona.

Fonte.- Informante do Centro de Día de Baiona.

petoco.- Morea de herba seca en forma de cono que se fai nos prados para que non se molle coa choiva.

Exemplo.- “Despois de segar fanse os petocos.”

Lugar de escoita.- O Cadramón (O Valadouro).

Fonte.- Granada Pedreira Quende (avoa de Pablo Díaz García).

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

toxo barreto.- Chámase así a unha variedade de xénero Erica.

Lugar de escoita.- Aldeas da Serra da Groba.

Fonte.- Informante do Centro de Día de Baiona.

toxo cachar.- Toxo que bota a flor en primavera.

Lugar de escoita.- Fondós, Quireza (Cerdedo).

Fonte.- Asunción Álvarez.

Comentarios