Palabras con memoria: animándose

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Naturría é o desexo das nenas e nenos de se sentiren queridas/os, de que lles dean cariño. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Naturría é o desexo das nenas e nenos de se sentiren queridas/os, de que lles dean cariño. (Foto: Nós Diario)

azombado/a.- Apampado, aparvado, incapaz de reaccionar.
Exemplo.- “Que che pasa? Véxote azombada.”
Lugar de escoita.- Arbo.
Fonte.- Concha Leal.

conocedeira.- Ter mala ou boa conocedeira é ser bo ou mal fisonomista.
Exemplo.- “Como é que non soubeches que era ese home? Que mala conocedeira tes!”
Lugar de escoita.- A Limia.
Fonte.- Antón Méndez Gándara.
Outros apuntamentos.- Di o informante que: “Ben sei que o correcto sería coñecedeira, mais por aló dicimos así.”

luterano/a (como un/unha).- Feito unha furia, fóra de si.
Exemplo.- “Vénse para min como unha luterana.”
Lugar de escoita.- Muros, A Coruña.
Fonte.- Mar Llinares García.

naturría.- Desexo das nenas e nenos de se sentiren queridas/os, de que lles dean cariño.
Exemplo.- “Este neno ten moita naturría.”
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.

véigate o diaño!.- Expresión que se utiliza para denotar sorpresa.
Exemplo.- “Véigate o diaño, que abofé que me meteches medo!”
Lugar de escoita.- Virís, Parroquia de Queixas, Cerceda.
Fonte.- Manuela Barbeito/Yago Pazos Barbeito.

Comentarios