“Que teñen en común un xubilado, un comerciante, unha consultora, unha gandeira, unha estudante e unha crianza?” pregúntase nas redes sociais Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. E el propio dá a resposta ligando o vídeo 'Asóciate', gravado por Xaora en base á idea do escritor e guionista Diego Ameixeiras e con música de Caxade. Un traballo que xa está a rular polas redes sociais e co que é un chamamento a sumar a prol do galego e a afiliarse á Mesa. No vídeo, varias persoas de diferentes idades de zonas do país van pasándose un relevo unhas a outras, simbolizando o galego. “Non son actores, son persoas reais que cren no futuro do noso idioma”, sinala Marcos Maceira a Sermos Galiza. Unha gravación coa que, di o presidente da MNL, “queremos facer ver que para que o galego viva ten que haber un proceso de transmisión”. E para iso tamén é preciso que haxa “organizacións que traballen”, como A Mesa. “Diego Ameixeiras deu a idea, e a partir de aí fixemos o traballo”, explica Maceira, que destaca a música de Caxade, o bo facer de Xaora e a participación das diferentes persoas que sen no vídeo.
LINGUA
#EnGalegoSempreGañas: a campaña da Mesa que nos pon a correr por relevos polo galego
Procura
En destaque
Máis Nós
#EnGalegoSempreGañas: a campaña da Mesa que nos pon a correr por relevos polo galego
Unha idea de Diego Amexeiras, música de Caxade e vídeo de Xaora dan forma a 'Asóciate', un convido a sumar polo idioma propio do País. Vídeo no interior.
Máis en LINGUA
LINGUA
Campaña de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal: un ano de dominio e hosting de balde coa subscrición a un dos medios da asociación
Redacción
30/abr./24 12:32
LINGUA
A Asemblea Xeral da Mesa exixe que se cumpra o Plan de Normalización Lingüística
Redacción
29/abr./24 14:12
LINGUA
O Concerto das Letras Galegas evoca a faceta musical de Luísa Villalta
Redacción
25/abr./24 21:38
LINGUA
A CTNL advirte que continúa en vigor a instrución no Concello de Ferrol para empregar só castelán nos contratos
Redacción
22/abr./24 9:10
LINGUA
'Galego vivo, Galiza viva', lema da manifestación pola lingua do 17 de maio
Susana Rois
19/abr./24 14:27
Comentarios