'DICIONáRIO GALEGO DE FUTEBOL'

'Dicionário galego de futebol': 500 conceptos e 1.000 termos para o noso idioma non ficar en fóra de xogo

A Comissom Lingüística da AGAL dispón de balde un completo traballo que vén encher unha carencia no deporte máis popular do mundo. Conceptos, termos... do fútbol en galego-portugués e coas correspondentes equivalencias en inglés, alemán e español.

Foto: arquivo

O galego xa non corre risco de ficar fóra de xogo no fútbol, o deporte máis popular do planeta e que tamén prende, desde o seu desembarco vía Vilagarcía no séxulo XIX, neste pequeño recuncho europeo. A linguaxe futbolística no noso país adoece de non poucos castelanismos e descoñecemento de termos no idioma propio. Por iso este traballo da Comissom Lingüística da AGAL, o 'Dicionário galego de futebol', que se dispoñibiliza de balde na rede para consulta e goce de todas as persoas que queiran achegarse. Son perto de 500 conceptos e un milleiro de termos galego-portugueses os que se recollen neste dicionario. Acompañados dos correspondentes equivalentes en inglés, alemán e español.

Como afirma a propia Comissom na súa explicación do 'Dicionário', na Galiza “a linguagem do futebol veiculada na nossa língua autóctone acusa hoje, infelizmente, na esmagadora maioria dos casos, a presença de um sem-número de ilegítimos castelhanismos, que tornam este galego um código descaraterizado, incoerente, disfuncional e antieconómico”.

Unha “degradaçom expressiva”, definen, que eles atribúen “em primeiro lugar, à incapacidade do galego contemporáneo para criar de modo autónomo, no quadro da sua subordinaçom sociocultural a respeito do castelhano e do seu correlativo isolamento a respeito das variedades lusitana e brasileira da língua, novos elementos lexicais denotadores de realidades modernas (nom esqueçamos que o futebol só surge, tal como hoje o conhecemos, no fim do século xix!)”. E a isto engaden “à inibiçom dos codificadores e lingüistas oficialistas (rag-ilg, rg e tvg), que nom sabem ou nom querem expurgar os castelhanismos deturpadores, apresentando-nos um galego do futebol (e, em geral, dos desportos) servilmente decalcado do castelhano (ex.: cast. balón > gal. *balón, cast. fútbol > gal. *fútbol, cast.portería > gal. *portería, cast. rechace > gal. *rexeitamento, cast. saque > gal. *saque), com ocasionais neologismos, às vezes pitorescos (ex.: *adestrador(a), *saque de recuncho)”

Comentarios