Cales son os nomes galegos máis buscados?

A ‘Guía de nomes galegos’ da Real Academia Galega (RAG) recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Pode consultarse na web, canda unha lista de cales son os máis procurados.
Crianzas pasean por Compostela (Foto: Ana Varela).
photo_camera Crianzas pasean por Compostela (Foto: Ana Varela).

A ‘Guía de nomes galegos’ da Real Academia Galega (RAG) recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.

A guía na web vai acompañada dun buscador onde se pode procurar o nome que un queira. Esta semana, segundo información dispoñíbel na propia páxina, os 10 máis buscados polos usuarios e usuarias foron:

1 Suevia
2 Artai
3 Xián
4 Anxo
5 Xela
6 Uxía
7 Sarela
8 Loaira
9 Dubra
10 Xiada

Se estendemos a busca ao prazo dun mes, os 10 máis buscados son:

1 Artai
2 Loaira
3 Xiada
4 Xián
5 Xela
6 Sarela
7 Anxo
8 Uxía
9 Dubra
10 Suevia

Entre os máis buscados están, logo, nomes como Artai, que segundo a mitoloxía histórica galega, sería na antigüidade o fillo máis vello do primeiro poboador a Galiza, Brigo. Considérase o fundador dos ártabros, pobo ou tribo asentada nas Mariñas betanceiras, e tería unha filla chamada Celt. Hai 353 persoas con esa denominación.

Tamén se buscou moito Loaira, “da palabra común loaira ‘raiola de sol entre a chuvia'. É tamén un nome literario, pois así se titula unha novela de Anxo Rei Ballesteros, que dá nome á protagonista. É posíbel que fose creada por Uxío Novoneira como un anagrama de raiola. Hai 49 persoas con ese nome.

Suevia é o máis buscado esta semana. Hai 90 ocorrendicas para este nome. A eti-moloxía do nome vén de do latín Suevia, a patria dos suevos. O poeta Eduardo Pondal empregou o nome de Suevia como alusión a Galiza.

Entre as máis procuradas da semana e do mes figura Dubra, do nome dun río que desemboca no Tambre e que actualmente porta un concello (Val do Dubra). Ten orixe prerromana, un hidrónimo emparentado co irlandés antigo dobur, galés dwfr, córnico dur, bretón dour ‘auga’, todos eles dun protocelta dubron, dubrā do mes-mo significado. Hai 15 persoas que se chaman así.

Comentarios