domingo 27/09/20

A Porta Verde do Sétimo Andar realizará un encontro artístico o 25 de maio na Coruña


Poesía, música, fotografía e outras experiencias creadoras estarán no Pub Borrazás grazas a este colectivo nado en 2005.
Colectivo poético 'A Porta Verde do Sétimo Andar'
Colectivo poético 'A Porta Verde do Sétimo Andar'

O colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar desenvolverá un encontro artístico o 25 de maio ás 20:30 horas no Pub Borrazás (Rúa do Orzán, 165).  Participarán, entre outras, Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino Garcia, Diego Villar, François Davo e Begoña Paz. A Porta Verde do Sétimo Andar é un colectivo nado en 2005 en Vigo, co obxectivo de impulsar a literatura e a lingua galegas. Publicaron até o de agora varios poemarios colectivos (o primeiro pódese descargar de balde aqui) e contan cunha colección propia co nome de Q de Vian Cadernos, para visibilizar creadores e creadoras deste país. Os seus encontros artísticos sempre sorprenden e son moi participativos. Aqui pódese ver un dos realizados no café Uf de Vigo en 2009.


comentarios