A AELG entrega os seus premios en Compostela

Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo-terceira edición.
Premios AELG 2011

Os socios e socias da AELG xa escolleron as obras editadas en 2011 gañadoras nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar esta noite no hotel Porta do Camiño de Compostela.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Letras e Ideas
comentarios