Un informe da ONU confirma que "Israel tortura e maltrata crianzas palestinianas"

Un documento do Comité para os Dereitos da Infancia indica que milleiros de crianzas terían sufrido malos tratos após seren detidas, mentres que os menores que morreron por accións do exército ocupante son “centos”. A condena por arrebolar pedras é de vinte anos de cárcere

Crianzas palestinianas nun edificio derruído
photo_camera Crianzas palestinianas nun edificio derruído

Novos datos confirman a dramática agresión xenocida que sofre o pobo palestino debido á ocupación por parte do Estado sionista de Israel. Nesta ocasión, foi o Comité para os Dereitos da Infancia de Nacións Unidas o que denunciou nun informe que Israel maltrata “sistematicamente a nen@s palestin@s”, a quen somete a “tratamento degradante e torturas, nega o seu dereito á educación e aos coidados médicos e @s emprega como escudos humanos e converte en obxectivos indiscriminados das súas accións bélicas, o que derivou na morte de centos de menores”.

O informe sinala que na última década uns 7.000 nen@s palestinos de entre 9 e 17 anos, foron arrestad@s, interrogad@s e detid@s

Israel, en resposta, remitiu a unha réplica oficial restando importancia ao documento ao dicir que “ten motivacións políticas”, escusa habitual por parte do seu Goberno. 

O informe, redactado por 18 expertos, sinala que na última década uns 7.000 nen@s palestinos de entre 9 e 17 anos, foron arrestad@s, interrogad@s e detid@s. Durante o período de detención, “son sometidos  a tratamentos degradantes, e en ocasións a torturas”, apunta o documento. “Son interrogados en hebreo, unha lingua que non comprenden e asinan confesións nese idioma para conseguir a súa liberación”, engade. A maioría das crianzas detidas son acusadas de guindar pedras ás forzas de seguridade israelís, un delito penado con até vinte anos de cárcere. 

O drama non só se reflete nas torturas e detencións, tamén nos asasinatos. Segundo o informe da ONU, “centos de nen@s morreron e miles resultaron ferid@s nos últimos dez anos como resultado de operacións militares de Israel, especialmente na Franxa de Gaza”. 

Comentarios