Ucraína nega o bombardeo dun mercado na cidade de Donetsk que matou 27 persoas

Rusia defíneo como "acto terrorista monstruoso".
Efectos dun ataque ucraíno a un mercado na rexión de Donetsk. (Foto: Vyacheslav Madiyevskyy / Europa Press / Contacto)
photo_camera Efectos dun ataque ucraíno a un mercado na rexión de Donetsk. (Foto: Vyacheslav Madiyevskyy / Europa Press / Contacto)

"Ese bombardeo é un acto terrorista monstruoso”, recalcou hoxe o voceiro do Kremlin, Dmitri Peskov, en alusión ao ataque o domingo contra un mercado da cidade de Donetsk, no Donbás, que matou 27 persoas e deixou 26 feridas.

Pola súa parte, o Ministerio de Asuntos Exteriores sinalou que Ucraína utilizou armamento occidental no ataque contra a urbe, controlada polas tropas rusas. Os países membros ou da contorna da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) entregaron a Ucraína máis de 90.000 millóns de euros en armamento desde o comezo da invasión rusa.

O secretario xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU), António Guterres, condenou “enerxicamente todos os ataques contra civís e infraestruturas civís”.

Ao tempo, as Forzas Armadas ucraínas negaron estar detrás do bombardeo, reiterando que nesa zona da fronte non usaron o tipo de armamento co que se atacou o mercado. O ataque produciuse no marco dos avances dos militares rusos no terreo tras o fracaso da contraofensiva lanzada por Kíiv a mediados de 2023.

Comentarios