Minuto 40. A presentadora do programa Entre Todos, que se emite na televisión pública española, impediu que unha muller que dá a entender en directo que sufriu maus tratos por parte da súa parella. "Ou se presenta unha denuncia ou se cala para o resto da vida", dixo Toñi Moreno, interrompendo a muller e dando paso a outro tema.
A muller, Marisol, de 25 anos de idade e cunha crianza ao cargo, comeza narrando como a súa nai tamén estivo en situación de violencia machista e se viu na obriga de a deixar a ela e ás súas irmás nun centro de acollida. Conta que ela non quere vivir a mesma experiencia. Entón Moreno interpélaa preguntándolle se "non hai posibilidade de que volvades?" e interrómpea unha e outra vez con comentarios do tipo "quen máis perdiches fuches ti que agora non estás co amor da túa vida".
Cando Marisol di que "cando unha persoa malla en ti o resto tanto ten", en aparente referencia ao seu home, do cal está separada, entón a presentadora deste programa da televisión pública española espétalle que "esas cousas non as podemos contar así" e que "cando acontece unha cousa desas ou presentas unha denuncia ou se cala para o resto da vida".