Sobe a presión contra von der Leyen por unha contratación cuestionada

Este é o motivo polo que diferentes comisarios europeos demandan explicacións á dirixente comunitaria.
A líder da Comisión Europea, a alemá Ursula von der Leyen. (Foto: Alexandros Michailidis / European / DPA)
photo_camera A líder da Comisión Europea, a alemá Ursula von der Leyen. (Foto: Alexandros Michailidis / European / DPA)

Distintos membros da Comisión Europea, como o responsábel de Exterior, Emprego e Dereitos Sociais, Economía ou Mercado Interior, asinaron unha misiva dirixida á súa presidenta, Ursula von der Leyen, para pedir explicacións sobre unha contratación que “xerou preguntas sobre a transparencia e imparcialidade do proceso de nomeamento”, recolleu a sexta feira o xornal The Guardian.

O contratado como asesor especial para as pequenas e medianas empresas, cun salario de 17.000 euros mensuais -libres de impostos como é común nos organismos internacionais-, foi o eurodeputado alemán Markus Pieper, que como von der Leyen milita na Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU), integrada no Partido Popular Europeo.

A pesar de imporse no proceso laboral, o portal Euractiv revelou que dúas deputadas no Parlamento da Unión Europea (UE) que competían para o posto lograron puntuacións cando menos 30% máis altas que as de Pieper nas avaliacións. Esta situación transcendeu cando von der Leyen xa lanzou a súa campaña para ser reelixida no cargo tras as eleccións na UE.

Comentarios