Puigdemont pedirá autorización xudicial para asistir ao pleno de investidura

puig
photo_camera puig

O deputado de JxCat Josep Rull anunciou que Carles Puigdemont demandará autorización xudicial para asistir ao pleno de investidura. O candidato de Junts per Catalunya move así ficha após decidir o Tribunal Constitucional permitir a sesión de investidura (rexeitando a petición do goberno español) mais cunha medida cautelar: que esta non sexa a distancia nin delegada, o candidato ten que estar presente.

Así pois, Puigdemont vai pedir ao xuíz Pablo Llarena que lle autorice a estar presente nesa sesión. Unha petición que non semella [vistos os precedentes en todo o relatico ao  ‘procès’] que vaia ter resposta positiva. Polo que o candidato de JxCat non podería entrar no Estado para asistir a esa sesión sen ser detido.

De autorizar Llarena a presenza de Puigdemont, este podería ser investido polo que o seguinte paso, a detención de Puigdemont xa como president da Generalitat, é unha imaxe que o Estado español quer evitar a toda costa. O escenario, pois, apunta a que Junts per Catalunya podería presentar outro candidato, se ben até o de agora desde esta lista negouse esa posibilidade.

Desde ERC, de por parte,  xa se traballa nese escenario, Joan Tarda, nunha entrevista en La Vanguardia publicada este domingo, afirma: “Se fai falla, teremos que sacrificar Puigdemont”. 

Comentarios