O Tribunal Constitiucional permite a investidura de Carles Puigdemont só se é presencial

O Tribunal Constitiucional permite a investidura de Carles Puigdemont só se é presencial, prohibindo que esta sexa a distancia ou delegada.

puig
photo_camera puig

O Tribunal Constitucional optou por unha solución intermedia para intentar solucionar o problema que lle formulaba o recurso presentado polo goberno español contra a investidura de Puigdemont. O TC non admite o recurso da Moncloa e a terza feira poderá realizarse a investidura mais só se Carles Puigdemont está presente. Este xa deu os pasos para intentar estar no Parlament e solicitou autorización xudicial para ir ao pleno.

Após máis de seis horas de deliberación, o TC desestimou o recurso do goberno español e non impugna o pleno de investidura que está convocado para o 30 de xaneiro, a próxima terza feira, polo presidente do Parlament, Roger Torrent, con Carles Puigdemont como candidato. Mais o TC impón unha medida cautelar: que a investidura sexa presencial, prohibindo que esta sexa a distancia ou delegada. A resolución do Constitucional considera que para ser investido, Puigdemont necesita obter a autorización do xuíz. O deputado de JxCat Josep Rull anunciou que Carles Puigdemont demandará autorización xudicial para asistir ao pleno de investidura.

Deste xeito, o Constitucional segue a liña do Consello de Estado, que sinalaba que o recurso da Moncloa non tiña fundamentos xurídicos.Ou do letrado maior do Parlament, Antoni Bayona, que criticaba unha medida “preventiva” contra alguén que non estaba inhabilitado para o exercicio do cargo.

Comentarios